Monday 29 de April de 2024

A Mancomunidade de Ordes participa no proxecto ‘Deseñando o teu futuro’


Aberta a inscrición para mozos e mozas de 14 a 18 anos que queiran participar desta iniciativa formativa laboral que se leva a cabo en empresas da zona

A Mancomunidade de Ordes participará este verán no programa ‘Deseñando o teu futuro’, desenvolvido pola Consellería de Política Social. Unha iniciativa formativa dirixida especialmente a mozos e mozas dende os 14 aos 18 anos de idade, a cal consiste en visitar empresas ou entidades de carácter público ou privado durante catro horas diarias ao longo de quince días. Trátase de firmas vinculadas coa administración, carpintería metálica e de madeira, automoción, panadería, sector lácteo, hostalaría, industria madeireira e agricultura.
En total disponse de 30 prazas e o prazo de preinscrición xa está aberto. Con esta iniciativa quérese apoiar a formación da mocidade para que adquiran coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento tanto persoal como profesional. Con este obxectivo prioritario facilítase un primeiro contacto co ámbito laboral no seu contorno máis inmediato.
As persoas participantes percibirán unha dieta diaria de 6 €, ademais de ter cubertos os gastos derivados da organización ou participación nas actividades.